DATOS TÉCNICOS
Dia 10/9/2017
Lugar de recepción: Pedra dos Catro Concellos, Pico Muralla. A tod@s aqueles que non sepan chegar espéraselles ás 7:45 h. diante do Bar O Demo en Ponte Beluso e acompañarase ata o lugar de saida do bus.
Hora: 8,15- 8,30h
Saída en bus: 8,30-8,40h.
Lugar de saída da ruta: Centro arqueolóxico de Neixón (Boiro)
Remate: Porto de Rianxo
Hora de saída: 9:00 h. pregase puntualidade.
Distancia 17 kms.
Ruta lineal guiada, sin premarcaxe
Dificultade alta-media (pola ascensión a 590m) nos últimos 7kms aprox
Duración da actividade: 9:00 h-14:00 h. solo pola mañan.
Avituallamento intermedio de sólido e líquido.
Limite de prazas.
Inscricións a partir do 1/9/2017 - Límite de plazas
Obrigatorio inscripción e pago en conta
Custo da ruta 5€
Modo de pago en conta bancaria.
INFORMACIÓN TRAVESIA 2017
Esta será a 6 das 9 etapas que cubren o percorrido por sendeiros, camiños, corredoiras e beiramar que une o faro de Corrubedo ca Praza do Obradoiro.
Nesta ll fase do proxeto pasaremos polos concellos de Arousa norte ( Ribeira, Pobra, Boiro e Rianxo) entre outros indo ata Santiago. O noso lema será " CAMIÑA, COÑECE E COMPARTE" amosando así a unión camiñando dos puntos de intereses turistico e de visita na comarca do Barbanza.
Nesta sexta etapa rematamos a travesía polas terras do Barbanza nun sitio espectacular como é a Pedra dos Catro Concellos.
Prazas limitadas
Oportunidade de inscribirse a cada etapa 5€ ou en conxunto 20€.
A inscripción pecharase no momento de ter o cupo de prazas cuberto ou o dia 8/9 as 13h.
MODO INSCRIPCIÓN
1.- Poñerse en contacto con nos por telefono ou correo electrónico.
2.- Pasarnos nome, apelidos e número de DNI
3.- Facer ingreso da cuota na conta bancaria da asociación.
4.- Enviar por whatsap ou correo electronico xustificante de pago.
5.- A asociación confirmara o participante que ten a praza adxudicada.
Teléfono e WhatsApp: 662 067 241
Email: sendaxxibarbanza@gmail.com
Facebook: www.facebook.com/sendaxxi
PARTICIPANTES
O participante terá que encontrarse en perfecto estado de saúde para realizar esta actividade.
Os participantes teñen a obriga de cumprir e atender as indicacións da organización.
Os participantes teñen cobertura de RC e seguro de accidentes.
Os participantes teñen a obriga de comunicar a organización calquer incidente ou contratempo sufrido durante o percorrido SEMPRE ANTES DE ABANDONAR A ACTIVIDADE.
En caso de abandono voluntario por parte do participante deberá ser comunicado a organización.
O participante NUNCA debera saír do grupo sin ter avisado os compañeiros ou a organización.
CONSELLOS
Levar telefono mobil a man e ca bateria cargada.
Levar roupa e calzado axeitado en concordancia co terreo e a metereoloxia.
Levar bastóns de trekking de telos que necesitar.
A organización non se responsabiliza do deterioro ou perda de ningún obxeto persoal do participante.
Todo aquel participante con alerxia a picaduras de insectos, polen ou vexetación deberá preveelo traendo consigo o que considere oportuno.
Haberá botiquin con cousas básicas
AVITUALLAMENTO- DUCHAS
En todalas etapas haberá un avituallamento intermedio de solido e liquido.
As persoas con algunha alerxia a algún alimento ten a obriga de preguntar os voluntarios no avituallamento para así poder evitar calquer reacción alerxica.
Si hai posibilidade de duchas, farese saber.
RECEPCIÓN DE PARTICIPANTES
Farase sempre no punto acordado firmando por parte do participante un acta asistencial no cal figuran no encabezamento unha serie de NORMAS DA ASOCIACIÓN estando así obrigados o cumprimento das mesmas.
Do punto de recepción de participantes partiremos en bus ata o punto de inicio da ruta.
Maxima puntualidade.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS
Calquer imprevisto xurdido durante a actividade terá que ser resolto pola organización e acatadodo polo participante ou grupo.
A organización reservase o dereito a aplazar ou cancelar a actividade por condicións metereoloxicas adversas con risco para os participantes.
A organización reservase o dereito de poder modificar percorrido por risco do grupo.
O DESCOÑECEMENTO DESTE REGULAMENTO NON EXIME DO SEU CUMPRIMENTO.