Sálvora "StarLight"

Sábado 6/7/2017 - 16:30 h.

Saida: Porto Deportivo de Ribeira

INFORMACIÓN

DATOS TÉCNICOS

 

Día: 6 de xullo de 2019

Hora: 16:30 h.

Saída e chegada: Porto Deportivo de Ribeira

Información: Arousa NeO

Inscricións: www.arousa.com e www.andainas.com

Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com

Teléfono de información: 638 811 000

Distancia: 4 km.

Dificultade: Baixa

Custe inscrición: 35 €

Data límite inscrición: Ata as 21:00 h do 1 de xullo ou ata agotar as prazas.

Límite de prazas: 120

 

INFORMACIÓN

 

Imos a Sálvora, illa do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, pertecente ao arquipélago de Sálvora e Vionta e que forma parte do concello de Ribeira. Un dos arquipélagos máis protexidos do parque que o convirten nun enclave único para a fauna e a flora que lle dan características propias a este enclave.

 

Sálvora é un destino "Starlight", declarado pola Fundación StarLight coma un enclave de especial observación das estrelas gracias á súa baixa contaminación lumínica e entorno protexido.

 

A programación do día quedaría así:

  • 16:30 h. Embarque no catamarán dende o porto deportivo de Ribeira, con destino a Illa de Sálvora.
  • 17:15 h. Desembarco e tarde de lecer disfrutando do contorno e das praias da illa.
  • 20:00 h. Degustación de mexillóns e outras viandas a bordo do barco.
  • 21:30 h. Ruta ata o faro para ver a posta de sol.
  • 22:30 h. Ruta ata Aldea de Sálvora e observación e indicacións a cargo dos monitores do ceo nocturno. (*)
  • 00:00 h. Regreso ao barco e saida hacia Ribeira.
  • 00:45 h. Desembarco no porto de Ribeira.

 

(*) A observación astronómica está supeditada ás condicións climatolóxicas do día da ruta, o ceo nublado -total ou parcialmente- pode dificultar a visión das estrelas. A visita nocturna ata a aldea e o contorno celebraríase igualmente. Recomendamos portal algún sistema de iluminación autónomo a pilas (frontal ou linterna).

INSCRICIÓNS

RECOMENDACIÓNS

Recoméndase atender ao seguinte:

 

- Os menores de 14 anos deben ir acompañados dun titor ou adulto.

- A organización resérvase o dereito a pedir que os nenos acrediten a súa data de nacemento con documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)

- Débense seguir as recomendacións das persoas que guiarán o grupo en todo momento. De facer caso omiso das recomendacións a organización resérvase o dereito de invitalos a abandonar a actividade.

- Levar roupa adaptada á actividade e a climatoloxía reinante no día.

- Levar algo de auga ou comida segundo as necesidades persoais.

- Non se permiten animais de compañía.

- Non se pode deixar restos de lixo ou comida na illa.

- Puntualidade na hora de saída do barco, o que non esté no punto de encontro acordado previamente enténdese que desiste de facer o viaxe de ida/volta segundo corresponda. E será responsabilidade súa facer o viaxe de retorno no caso de quedar na illa.

- A organización dispón de seguro de accidentes que cubra a actividade.

- A organización NON se responsabiliza de danos no material, perda ou extravío do mesmo.

- Debe facerse unha reserva previa de plaza pois estas están limitadas.

- O pago da inscrición pode facerse en efectivo ou na conta bancaria ES39 0133 4373 5542 0000 4170 nos vindeiros 2 días do envío da solicitude. O pago en efectivo pode facerse en Arousa NeO (Rua Lustres Rivas, 3 - Ribeira) ou en Revolutrion (Avd. da Coruña, 21 - Ribeira).

- NON se devolverá o importe da praza a quen non faga uso dela.

- A hora do embarque de regreso indicarase no viaxe de ida; o que non esté no porto de Sálvora á hora indicada, enténdese que desiste de retornar nese viaxe e o facerá pola súa conta.

- A organización resérvase o dereito a modificar o horario ou a data de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.

 

Punto de embarque: