Camiñata polo Monte de San Alberto

Ribeira - Domingo 27/5/2018

INFORMACIÓN

DATOS TÉCNICOS

Dia 27/5/2018

Lugar: Parking Municipal do Polígono Industrial de Xarás (xunto o punto limpo)

Hora: 9:30 h

Distancia 10 kms.

Ruta circular guiada, sin premarcaxe

Dificultade media-alta

Desnivel: 240 m+

Sin limite de prazas.

Inscricións: non se precisa (gratuita)

 

 

INFORMACIÓN

Este vindeiro domingo, convidámosvos a que veñades a camiñar connosco!

 

O recorrido desarrollarase polas inmediacións do monte de San Alberto. O lugar para xuntarnos será o aparcadoiro que hai subindo para a Capela de San Alberto, onde está o Punto Limpo e o Matadoiro Municipal.

 

Será unha ruta dureira (dificultade media), de algo menos de 10 km, pero cuns 240 metros de desnivel en subida (como referencia, sería a altura dun edificio de 80 pisos!!!). Poderemos ver o sendeiro dos muíños da Carballa, a Pedra das Cabras, monte Espinle, monte Recovo, e remataremos na Capela e Miradoiro de San Alberto.

 

O sistema de avance será como grupo compacto, a un ritmo sosegado, e con múltiples paradas (ver zonas interesantes, contar contos, quitar fotos, ou mesmo esperar polos que veñen máis amodo). A ruta non estará marcada, senón que será guiada. O sendeiro será por camiños de monte, irregulares, e con posibilidade de atoparmos lama e auga.

 

Nesta ocasión requírese estar habituado a andar por camiños de monte, e que nos lles moleste subir costas empinadas.

 

A hora de comezo será ás 9.30 e a hora prevista de chegada calculamos que será entre as 13.00 e as 13.30 (todo dependerá dos participantes!!). Debido a que non se trata dunha actividade “organizada”, senón voluntaria, non ten custo algún, nin se precisa inscribirse.

 

O que queira ir, que estea no aparcadoiro á hora indicada!!!!