DATOS TÉCNICOS
Día: 12 de Novembro de 2017
Hora: 10:00 h.
Saída e chegada: Centro Social de Oleiros
Información: Arousa NeO
Inscricións: www.arousa.com e www.andainas.com
Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 10 km.
Dificultade: Media
Custe inscrición: Gratuita, precísase cubrir formulario de inscrición
Data límite inscrición: Ata as 20:00 h. do 10 de Novembro
INFORMACIÓN
Terceira edición da Andaina de San Martiño, que se ven celebrando nos últimos anos na parroquia ribeirense de San Martiño de Oleiros. Con saida e chegada no Centro Social de Oleiros (a poucos metros da Igrexa de San Martiño) faceremos un recorrido distinto ao das dúas edicións anteriores descubrindo novos paraxes desta fermosa parroquia que nos levarán ata Balteiro, pasando polas Lobeiras e tamén por Moldes.
Sendas agochadas que che invitamos a descubrir da nosa mán e da Asociación de Veciños Dolmen de Axeitos, que co gallo da celebración do San Martiño, e como ven sendo habitual obsequiarán cun avituallamento especial ao retorno a todos os participantes.
A andaina é totalmente gratuita ainda que só se precisa inscrición para ter unha estimación de participantes. E que podes facer enchendo o formulario que figura un pouco máis abaixo.
Graciñas por sumarte unha edición máis!
Recoméndase atender ao seguinte: