Andaina Costa do Son
Día: 29 de xuño de 2014
Hora: 09:30 h
Hora límite: 15:30 h
Distancia: 25 km
Saída e chegada: Camping Fraga Balada - Xuño (Porto do Son)
Organiza: Arousa Natureza e Ocio
Información e inscricións: Arousa Natureza e Ocio e Oficina de Deportes do Concello de Porto do Son - Atalaia, s/n.
Plazo de inscrición: 3 de xuño ao 26 de xuño do 2014
Custo da inscrición: 6 €
Páxina web oficial: www.arousa.com
E-mail: contacto@arousa.com

PRESENTACIÓN

Presentamos un roteiro de sendeirismo que terá como punto de partida e chegada a parroquia sonense de Xuño, donde o Camping Fraga Balada servirá de base poñendo os seus servizos a disposición dos participantes. O roteiro levarache a descubrir a Ponte Medieval de Rio Sieira, a Costa do Barrento, o máxico Santuario de Nadelas, as praias de Queiruga, O Dique, Arealonga, ata chegar aos Castros de Baroña, para logo voltar por Queiruga pasando pola ermita de Santa Lucía, o Tempo de Santo Estevo, e continuar descubrindo os petroglifos da Pedra dos Cervos, antes de chegar á capela de Pedra Furada, e voltar de novo pola Ponte de Rio Sieira. Como complemente ofrécese a posibilidade de facer a ruta na modalidade de Canitrekking, que se fixa as 9:00 h. como horario de saída. Dispondrase de un avituallamento intermedio e outro final nas instalacións do Camping Fraga Balada, como colofón a un día de actividade ao aire libre e en compañía dos demais participantes.

REGULAMENTO XERAL
PERCORRIDO:

O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso de terra, e parcialmente de asfalto e será de 25 km. debidamente sinalizado. A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido. Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada. A organización non se inmiscuirá en como se realicen os tramos: correndo ou andando, sempre que se cumpra o horario máximo e non se moleste a outros participantes. O participante é o responsable de localizar as marcas que balizan o camiño e discorrer polo roteiro sinalado.


PARTICIPANTES:

Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer. Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras. Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:

  • Finamento por accidente: 6.000 €
  • Invalidez por accidente: 12.000 €
  • Asistencia sanitaria en centros concertados: ILIMITADA
Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas. A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar). Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.

PARTICIPANTES CANITREKKING:

Sométense ás mesmas normas que o resto dos participantes, pero deberán ter en conta o seguinte: Os cans deben ir en todo momento suxeitos por un arnés (non correa, exclusivamente arnés). O arnés debe ir anclado na cintura da persoa deixando as máns libres. O can debe ter ao día o carne de vacinacións e cumplir con todos os requisitos legais (seguro, chip, etc). Débese levar auga suficiente para o can e un recipiente para dispensarlla. O seguro da organización non cubre ao animal.

MATERIAL:

É recomendable antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ao avituallamento. É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso. É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación. A tódolos/as participantes facilitaráselle un carnet de ruta, que deberán presentar no avituallamento e na chegada para verificar que completou o percorrido. A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.

INSCRICIÓNS:

  • As inscricións realizaranse unicamente a través da web www.arousa.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
  • O prezo da inscrición é de 6 €.
  • A inscrición da dereito a participar na proba, cobertura do seguro, e acceso ao avituallamento intermedio e final.
  • O pago da inscrición facerase na conta bancaria 0049-2948-21-2895034221 nos vindeiros 4 días do envío da solicitude (Excepto para os inscritos o entre o 04 e 07 de agosto, que deberá facerse en 24 h).
  • O prazo de inscrición ábrese o 17 de xullo e péchase o 07 de agosto.
  • A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
  • A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
  • A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.


AVITUALLAMENTOS:

A organización disporá de avituallamento de líquido e solido ó longo do percorrido. Dispondrase de un avituallamento de líquido e froita e outras viandas na liña de meta. A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.


RETIRADA DE ACREDITACIÓNS/CARNET DE RUTA:

O mesmo día da proba dende as 08:30 h. ata 15 min. Antes da saída. Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.

DESCALIFICACIÓNS:

  • Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
  • Si o participante retira sinais da carreira.
  • Si o participante non remata o percorrido.
  • Si o participante non atende as indicacións da organización.
  • Si o participante non porta o material obrigatorio.
  • Si o participante atenta contra o medioambiente.


OUTRAS CONSIDERACIÓNS:

Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso. A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.

MAPA:

Ver COSTA DO SON en un mapa más grande
INSCRICIÓNS:

REMATADO O PRAZO DE INSCRICIÓN

CÓMO CHEGAR:

Na carreteira de Noia - Ribeira (AC-550) pasando de Porto do Son en dirección a Ribeira, atoparemos un desvío na parroquia de Xuño hacia a Praia das Furnas (a man dereita no sentido da marcha), e debemos seguir todas as indicacións ata chegar á zona de saida (Camping Fraga Balada). En dirección Ribeira - Noia (AC-550) na parroquia de Xuño o desvio para a praia das Furnas atoparémolo a man esquerda.

Distancias e tempos:

  • De Santiago: 70 km. - 55 min.
  • De Noia: 28 km. - 35 min.
  • De Ribeira: 11 km. - 20 min.
  • De A Coruña: 140 km. - 1:30 h.
  • De Vigo: 97 km. - 1:10 h.
  • De Ourense: 170 km. - 1:50 h.
  • De Lugo: 200 km. - 2:10 h.
AGRADECEMENTOS:

Agradecemos a colaboración das seguintes entidades:

Sponsors