PRESENTACIÓN

Andaina Illa de Cíes 2015
Día: 21 de Xuño de 2015 
Saída e chegada: Porto Deportivo – RIBEIRA (A Coruña) // Saida: 9:00 h. (embarque) // Chegada: 20:30 h. (aprox.)
Inscricións:
- Persoas de 13 anos a diante 18 €;
- Nenos de 3 a 12 anos incluidos 13 €;
- Nenos menores de 3 anos gratis.
A organización poderá comprobar a idade do menor esixindo a presentación dun documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)
Prazas: 380
Páxina web oficial: www.arousa.com
E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono: 638811000

Roteiro de sendeirismo pola Illa do Medio e do Faro pertencente ao arquipélago das Illas Cíes (Parque Nacional das Illas Atlánticas). A saida será do Porto Deportivo de Ribeira ás 9:00 h. e chegarase ás Illas Cies ás 10:45 h. (aprox.). Unha vez alí iniciarase unha andaina que pasará polos seguintes puntos: Praia de Rodas, Pedra da Campá, Faro de Cíes, Faro da Porta, praia da Nosa Señora, cunha distancia arpx.de 7 km. e de unhas dúas horas (aprox.). A ruta será guiada por monitores e recoméndase seguir as instruccións que faciliten. A dificultade é media sendo apta para calquer idade.

RECOMENDACIÓNS

Recoméndase atender ao seguinte:

  • - Os menores de 14 anos deben ir acompañados dun titor ou adulto.
  • - A organización resérvase o dereito a pedir que os nenos acrediten a súa data de nacemento con documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)
  • - Débense seguir as recomendacións das persoas que guiarán o grupo en todo momento. De facer caso omiso das recomendacións a organización resérvase o dereito de invitalos a abandonar a actividade.
  • - Levar roupa adaptada á actividade e a climatoloxía reinante no día.
  • - Levar algo de auga ou comida segundo as necesidades persoais.
  • - Non se permiten animais de compañía.
  • - Non se pode deixar restos de lixo ou comida na illa.
  • - Puntualidade na hora de saída do barco, o que non esté no punto de encontro acordado previamente enténdese que desiste de facer o viaxe de ida/volta segundo corresponda. E será responsabilidade súa facer o viaxe de retorno no caso de quedar na illa.
  • - A organización NON dispón de seguro de accidentes que cubra a actividade.
  • - A organización NON se responsabiliza de danos no material, perda ou extravío do mesmo.
  • - Debe facerse unha reserva previa de plaza pois estas están limitadas.
  • - O pago da inscrición facerase na conta bancaria 0049-2948-21-2895034221 nos vindeiros 4 días do envío da solicitude.
  • - NON se devolverá o importe da praza a quen non faga uso dela.
  • - O custe da inscrición non inclue a comida. Na illa hai lugares nos que se sirven comidas, pero recoméndase levar algunha vianda.
  • - O embarque será ás 19:15 h. A saida de Cíes será ás 19:30 h. A chegada a Ribeira será ás 21:00 h.
  • - A organización resérvase o dereito a modificar o horario ou a data de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.
INSCRICIÓNS

AGRADECEMENTOS:

Dende Arousa N. e O. queremos agradecer a colaboración de:

  • Asociación de Veciños de Carreira
  • Revolutrion
  • Centro Recreativo de Artes
  • A Casita Records
Sponsors