PRESENTACIÓN

Trail de Couso - Aguiño
Día: 1 de Marzo de 2015 (prazo inscrición do 5 ao 22 de febreiro)
Hora: 11:00 h.
Distancia: 12 km.
Saída e chegada: Merendeiro de Couso - Aguiño (Ribeira)
Duchas: Polideportivo da Fieiteira
Organiza: Arousa Natureza e Ocio
Colabora: Concello de Ribeira, Asociación de Veciños de Carreira, Escuela de Boxeo El Canario, Natural Outdoor-Atletas Caninos
Información e inscricións: Arousa Natureza e Ocio www.arousa.com
Custo da inscrición: 7 €
Páxina web oficial: www.arousa.com
E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono: 638811000

O Trail de Couso é a proba debutante no circuito Arousa-Revolutrion Trail Series 2015; pero non por iso vai ter menos relevancia que as máis veteranas. Couso, franqueado polo Arquipélago de Sálvora ao sur, e polo Parque Natural das Lagoas de Carregal e Vixán ao Norte, conforma un conxunto costeiro con multitude de tramos moi dispares. Pasaremos da area da praia a bosques de piñeiros en apenas cen metros, de saltar e sortear xigantescas rochas graníticas a escapar dos salseiros do mar, e dun percorrido que se aventura sen desnivel a forzarnos coma se o tivera.
Couso ofrece a máxia do Home de Sagres, do Porto Fenicio, das Praias de Areabasta e da Muralla, e dos xigantes rochosos de Punta Couso.
A cronometraxe electrónica facerano a xente de GALITIMING.

REGULAMENTO

 

1. PERCORRIDO:

  1. a. O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso de terra, e será de 12 km. debidamente sinalizado.
    b. A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
    c. A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal.
    d. Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
    e. Establécense un tempo máximo de 2 horas para a realización da proba. A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.

2. PARTICIPANTES:

  1. a. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
    b. Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.
    c. Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
    d. Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
    - Finamento por accidente: 10.000 €
    - Invalidez por accidente: 12.000 €
    - Asistencia sanitaria en centros concertados: 6.000 €
    - Rescates (incluindo evacuación): 40.000 €
    e. Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
    f. Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servicios de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.
    g. Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
    h. A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
    i. Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
    j. A organización facilitará o tempo final da proba, non se dispondrá de tempos intermedios.
    k. Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o percorrido.

3. MATERIAL:

  1. a. É recomendable antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ós avituallamentos indicados.
    b. É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
    c. É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
    d. A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal.
    e. A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.

4. INSCRICIÓNS:

  1. a. As inscricións realizaranse unicamente a través da web www.arousa.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
    b. O prezo da inscrición é de 7 €.
    c. A inscrición da dereito a participar na proba, cobertura do seguro, e acceso aos avituallamentos intermedio e final.
    d. A inscrición tramitarase do seguinte xeito:
    1. - Cumplimentar debidamente o formulario habilitado na web con TODOS os datos correctos.
      - IMPORTANTE: facilitar un email válido que se revise habitualmente e a organización empregará para poñerse en contacto cos inscritos.
      - Unha vez cuberto o formulario, facer o pago a través dalgúns dos medios que se detallan a continuación (si non se cubre previamente o formulario a organización non garante unha plaza só con facer o pago):
      1. Efectivo:
        1. Arousa N. e O.: Rúa Lustres Rivas, 3 - Ribeira
        2. Revolutrion: Avd. da Coruña, 21 - Ribeira; Horario: 10:30 h - 14:00 h e de 17:30 h - 21:00 h
        Ingreso ou Tranferefencia Bancaria:
        1. IBAN ES22 0049 2948 2128 9503 4221 (Banco Santander) nos vindeiros 4 días do envío da solicitude.
        2. Poñer no concepto o/s nome/s da/s persoa/s pola/s que se realiza o ingreso.
        3. Prégase remitir por email o xustificante do ingreso/transferencia para acreditar axilmente o pago.
        Tarxeta ou Pay Pal:
        1. Non esquecer indicar o nome da persoa pola que se fai o pago.
        2. Pódese pagar con PayPal ou con Tarxeta de Crédito (na segunda ventá pica na opción "No dispongo de una cuenta de PayPal" e xa se che facilita a posibilidade de pagar con distintas tarxetas).
        3. Seguir as instruccións que figuran ao pé do formulario de inscrición.
  2. e. O prazo de inscrición ábrese o 5 de Febreiro e péchase o 22 de Febreiro.
    f. A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
    g. A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba. h. A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.

5. AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:

  1. a. A organización disporá de avituallamento de líquido ó longo do percorrido situado no km. 6,5 do percorrido.
    b. Dispondrase de un avituallamento de líquido e froita na liña de meta.
    c. No Polideportivo da Fieiteira a partir das 12:00 h. e ata as 14:00 h. estará a disposición dos participantes o servicio de ducha e vestiario.
    d. A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.

6. RETIRADA DE DORSAIS:

  1. a. O mesmo día da proba dende as 9:45 h. ata 15 min. Antes da saída.
    b. Si a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.
    c. Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.

7. TROFEOS:

  1. a. Entregaranse dezaseis trofeos repartidos do seguinte xeito:
      1. • 10 primeiros homes da clasificación xeral
        • 3 primeiras mulleres da clasificación xeral
        • 2 primeiros homes da clasificación de corredores locais
        • 1 primeira muller da clasificación de corredoras locais
  2. b. A entrega de trofeos realizarase a partir das 13.00 h. nun espazo habilitado preto da liña de meta.
    c. Si a organización o considera necesario solicitará xustificar documentalmente a idade e condición dos atletas para poder acceder aos premios

8. DESCALIFICACIÓNS:

  1. a. Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
    b. Si o participante retira sinais da carreira.
    c. Si o participante non remata o percorrido.
    d. Si o participante non atende as indicacións da organización.
    e. Si o participante non porta o material obrigatorio.
    f. Si o participante atenta contra o medioambiente.
    g. Si o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
    h. Si o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar a outros participantes.
    i. Si o participante pon en risco a súa integridade ou a de outros participantes cunha conducta manifestamente temeraria.

9. OUTRAS CONSIDERACIÓNS:

  1. a. Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
    b. A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades; de acontecer este suposto trasladaríase ao domingo día 15 no mesmo horario.
    c. Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemente da mesma.
    d. Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
    e. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
MAPAS:

Si desexas obter o track da ruta en formato .KML podes facelo en dous clicks:

LOCALIZACIÓN:

Deixámosvos un mapa ca localización exacta da saida e como chegar ata ela dende a Autovía do Barbanza.

AGRADECEMENTOS:

Dende Arousa N. e O. queremos agradecer a colaboración de:

  • Asociación de Veciños de Carreira
  • Concello de Riveira
  • Revolutrion
  • Centro Recreativo de Artes
  • Club Natural Outdoor - Atletas Caninos
  • Almacenes Juan Pego
  • Ecoplás
  • Generali Seguros
  • SportBike
  • A Casita Records
Sponsors