INICIO   EVENTOS   CONTACTO   CALENDARIO   FOTOS   VIDEOS   FACEBOOK
PRESENTACIÓN INFORMACIÓN REGULAMENTO INSCRICIÓNS UBICACIÓN COMO CHEGAR AGRADECEMENTOS CONTACTA

PRESENTACIÓN

 

 
 

 

PRESENTACIÓN

Oitro ano mais sacamos a diante unha nova edición da Andaina da Chuvia, cumprindo xa 5 anos realizando este percorrido polo concello de Riveira.

Este ano incorporamos cronometraxe dixital a cargo de GALITIMING para que o control de paso sea mais lixeiro.

INFORMACIÓN TÉCNICA

Día: 20 de Marzo de 2016 
Hora: 09:30 h.
Saída e chegada: Centro Recreativo de Artes.
Información: Arousa Natureza e Ocio
Inscricións: www.arousa.com e www.galitiming.com

Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 25 km.
Custe inscrición: 7€

Data límite inscrición: Ata as 12 da noite do 17 de Marzo


REGULAMENTO  

PERCORRIDO:

  • O percorrido será de asfalto e terra, cunha distancia de 25 km. debidamente sinalizado.
  • A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada ou de paso.
  • Establécense un tempo máximo de 6 horas para a realización da proba. A partir dese intre os participantes que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.


PARTICIPANTES:

  • Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos sendeiristas acompañados.
  • Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.
  • Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
  • Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
    • Finamento por accidente: 10.000 €
    • Invalidez por accidente: 12.000 €
    • Asistencia sanitaria en centros concertados: 6.000€
  • Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e están nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en peligro a él ou a terceiros.
  • Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servicios de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.
  • Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
  • Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
  • A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
  • Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. 
  • A organización facilitará o tempo final da proba, non se dispondrá de tempos intermedios.
  • Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o percorrido.
  • Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.

MATERIAL:
  • É recomendable antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ós avituallamentos indicados.
  • É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
  • É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
  • A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.
INSCRICIÓNS:
  • Prazo de inscrición ábrese o 20 de Febreiro e remata o 17 de Marzo.
  • As inscricións realizaranse a través da web www.arousa.com ou www.galitiming.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
  • Prezo da inscrición é de 7 € para esta proba.
  • A inscrición da dereito a participar na proba, servizo de cronometraxe electrónico con tempo final, cobertura do seguro, servizo de duchas, e acceso aos avituallamentos intermedio e final.
  • A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
  • A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
  • A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.

AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:

  • A organización disporá de avituallamento intermedio de líquido.
  • Disporase de un avituallamento final de líquido e froita na liña de meta.
  • No Centro Recreativo de Artes, a partir das 12:00 hors, estará a disposcición dos participantes o servicio de ducha e vestiario.
  • A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.
  • Estará a disposición dos participantes o serivicio de ducha e vestiario.

RETIRADA DE ACREDITACIÓNS:
  • O mesmo día da proba no lugar de saída, entre as 08:45h. ata 15min antes da saída.
  • Si a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.
  • Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
  • E imprescindible para a retirada da acreditación ter presentado (pódese presentar no momento) a FOLLA DE RESPONSABILIDADE E MANIFESTACIÓN; a organización resérvase o dereito a non entregarlle o dorsal a aquel participante que non a tivera presentado.

DESCALIFICACIÓNS:
  • Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
  • Si o participante retira sinais da carreira.
  • Si o participante non remata o percorrido.
  • Si o participante non atende as indicacións da organización.
  • Si o participante non porta o material obrigatorio.
  • Si o participante atenta contra o medioambiente.
  • Si o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
  • Si o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar a outros participantes.
  • Si o participante pon en risco a súa integridade ou a de outros participantes cunha conducta manifestamente temeraria.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
    • Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
    • A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades; de acontecer este suposto, trasladaríase ao domingo día 28 de Febreiro no mesmo horario e co mesmo formato.
    • Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemente da mesma.
    • Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. 
    • O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

     

INSCRICIONS

 

 

 

UBICACIÓN

CÓMO CHEGAR

  • Dende a saída da Autovía do Barbanza AG-11, coller dirección Corrubedo, e seguir estas indicacións (preme sobre o vínculo "Más Opciones" e podes poñer o teu lugar de orixe):

 

 

AGRADECEMENTOS

Agradecemos a colaboración das seguintes entidades:

CONTACTO

Detalles de contacto

Rua Lustres Rivas, 3
Ribeira (A Coruña)

Teléfono: 638 811 000

Email: contacto@arousa.com

Horario:
Luns a Venres 10:00 - 13:00 ; 17:00 - 20:30
Sábado 11:00 - 13:30

Envíanos unha mensaxe