INICIO   EVENTOS   CONTACTO   CALENDARIO   FOTOS   VIDEOS   FACEBOOK
PRESENTACIÓN INFORMACIÓN RECOMENDACIÓNS INSCRICIÓNS EMBARQUE AGRADECEMENTOS CONTACTA

PRESENTACIÓN

Roteiro de sendeirismo pola Illa de Ons, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. A saida será do Porto Deportivo de Ribeira ás 9:30 h. e chegarase á Illa de Ons ás 10:30 h. (aprox.). Unha vez alí iniciarase unha andaina que levará aos que desexen participar dela: Miradoiro de Fedorentos, Burato do Inferno, e Faro de Ons, cunha distancia de 8 km. e de unhas dúas horas (aprox.). A ruta será guiada por monitores e recoméndase seguir as instruccións que faciliten. A dificultade é media sendo apta para calquer idade.

 

INFORMACIÓN

Día: 22 de MAIO de 2016
Hora: 09:30 h.
Saída e chegada: Porto Deportivo – RIBEIRA (A Coruña) // Saida: 9:30 h. (embarque) // Chegada: 20:30 h. (aprox.)
Inscricións:

  • persoas de 13 anos(incluidos) a diante: 14 €
  • nenos de 3 a 12 anos incluidos: 10 €
  • nenos menores de 3 anos gratis. A organización poderá comprobar a idade do menor esixindo a presentación dun documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)

Prazas: 200
Páxina web oficial: www.arousa.com
E-mail: contacto@arousa.com

 

Para estar manterte ao día das novidades desta e outras actividades non te esquezas de premer en:


RECOMENDACIÓNS  

Recoméndase atender ao seguinte:

  • - Os menores de 14 anos deben ir acompañados dun titor ou adulto.
  • - A organización resérvase o dereito a pedir que os nenos acrediten a súa data de nacemento con documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)
  • - Débense seguir as recomendacións das persoas que guiarán o grupo en todo momento. De facer caso omiso das recomendacións a organización resérvase o dereito de invitalos a abandonar a actividade.
  • - Levar roupa adaptada á actividade e a climatoloxía reinante no día.
  • - Levar algo de auga ou comida segundo as necesidades persoais.
  • - Non se permiten animais de compañía.
  • - Non se pode deixar restos de lixo ou comida na illa.
  • - Puntualidade na hora de saída do barco, o que non esté no punto de encontro acordado previamente enténdese que desiste de facer o viaxe de ida/volta segundo corresponda. E será responsabilidade súa facer o viaxe de retorno no caso de quedar na illa.
  • - A organización NON dispón de seguro de accidentes que cubra a actividade.
  • - A organización NON se responsabiliza de danos no material, perda ou extravío do mesmo.
  • - Debe facerse unha reserva previa de plaza pois estas están limitadas.
  • - O pago da inscrición facerase na conta bancaria 0049-2948-21-2895034221 nos vindeiros 4 días do envío da solicitude. Tamén pode facerse en efectivo en Rua Lustres Rivas, 3 - baixo (Ribeira) ou en Revolutrion (Avd. da Coruña, 21 - Ribeira).
  • - NON se devolverá o importe da praza a quen non faga uso dela.
  • - O custe da inscrición non inclue a comida. Na illa hai lugares nos que se sirven comidas, pero recoméndase levar algunha vianda.
  • - O embarque será ás 19:15 h. A saida de Ons será ás 19:30 h. A chegada a Ribeira será ás 20:30 h.
  • - A organización resérvase o dereito a modificar o horario ou a data de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.

 

INSCRICIÓNS

PRAZO REMATADO!
 

EMBARQUE

AGRADECEMENTOS

Agradecemos a colaboración das seguintes entidades:

CONTACTO

Detalles de contacto

Rua Lustres Rivas, 3
Ribeira (A Coruña)

Teléfono: 638 811 000

Email: contacto@arousa.com

Horario:
Luns a Venres 10:00 - 13:00 ; 17:00 - 20:30
Sábado 11:00 - 13:30

Envíanos unha mensaxe