26/1/2020

16/2/2020

19/4/2020

10/5/2020

21/6/2020

SUSPENSIÓN DO CIRCUITO REVOLUTRION TRAIL SERIES 2020 (5/5/2020)

Temos que comunicarvos que imos proceder á suspensión das dúas probas que faltan do circuito REVOLUTRION TRAIL SERIES 2020.

O vindeiro domingo día 10, deberíamos estar disputando o Barbanza42K, e o 21 de xuño o Xtosín Trail que nun principio se aplazara para esa data; pero visto o discurrir dos acontecementos e que a situación de crise sanitaria mantense, temos que asumir que vai ser imposible completar o circuito dentro das datas e período temporal previsto.

Queremos agradecer a confianza depositada en nós en todo este tempo, na dos voluntarios que tanto nos axudan e vos apoian en cada carreira, e na dos patrocinadores que ca súa imaxe e mecenazgo permiten celebrar estos eventos.

En canto podamos poñémonos a traballar na edición de 2021 e nalgún proxecto máis, dos que vos iremos facendo partícipes a través das nosas redes sociais.

Agardamos que vos atopedes ben vos e os vosos achegados.

Saude, ánimo e kilómetros.

SUSPENSIÓN DO TRAIL DO SAN LOIS 2020 (14/4/2020)

En primeiro lugar desexar que tod@s e os vosos achegados estedes ben, tamén esperar que esta situación remate canto antes e que nos poñemos á vosa disposición para o que precisedes.

Pero como é evidente ao prolongarse o estado de alarma ata o día 26, o Trail do San Lois que íbamos celebrar o próximo día 19 en Noia queda SUSPENDIDO (non imos a aplazalo).

O calendario quedaría como sigue: 10 de maio o Barbanza42k e o Xtosín Trail o 21 de xuño.

Respeto ao Barbanza42K tamén fixemos modificacións para adaptarnos á realidade que estamos vivindo e a distancia maratón queda eliminada, porque consideramos que despois de estas semanas de parón será complicado afrontar unha distancia tan longa. Queda a distancia de media maratón (21 km) co mesmo recorrido que tíñamos preparado para esta edición, fixando a hora de saida para as 10.30 h. (estaba para as 11.00 h). Supoñemos que teredes moitas dúbidas ao respeto sobre si se podrá ou non celebrar nesa data, ceñíndonos ao que sabemos con certeza a día de hoxe (que o 26 remata todo), debería poderse celebrar. Si temos en conta opinións, rumores, fakenews, e todo o que circula por medios e redes sociais, establecer unha nova data volveríanos tolos. Por iso, si houbera que aplazar ou suspender esperaríase a saber algo con certeza e fiabilidade (decretos ou normas emitidas polas autoridades).

Rematamos este comunicado como o empezamos, desexándovos o mellor e poñéndonos á vosa disposición para o que precisedes.

Dende Arousa NeO enviamosvos unha grande aperta.

APLAZAMENTO XTOSÍN TRAIL PARA O 21 DE XUÑO (13/3/2020)

 

Vémonos na obriga de cambiar a data do Trail de Portosín debido ás medidas tomadas para prevenir a expansión do CoVID-19, quedando así para o domingo 21 de xuño.

 

Para @s que estades inscrit@s e que non vos vaia ben esa data aportámosvos 3 solucións:

 

a) Cancelación da inscrición e devolución do importe.

b) Trasladar a inscrición para o Trail do San Lois (Concello de Noia o 19 de abril).

c) Trasladar a inscrición para o Trail de Outes (Concello de Outes o 31 de maio).

 

Aos inscrit@s no Revolutrion Trail Series 2020 e que lles veña mal a data do 21 de xuño podemos:

 

a) Trasladar a inscrición para o Trail de Outes (ainda que non puntuaría para o circuito).

b) Devolución da parte proporcional da inscrición (e esa proba, evidentemente, tampouco lle puntuaría no circuito)

 

A tod@s aqueles que desexen a cancelación da inscrición ou o traslado para algún dos outros trails avisádeo por email indicando claramente o nome co que vos inscribíchedes (e os que estades no circuito Revolutrion Trail Series, si facedes o favor tamén o indicades).

 

Dende a organización estivemos tratando de sacar adiante a proba e confiábamos neso ata mediodía que nos comunicaron dende o Concello de Porto do Son que non sería posible facelo.

 

Perdoade polas molestias que vos podamos ocasionar, pero as circunstancias teñen máis peso que a nosa vontade.

 

Gracias en nome de Arousa NeO e a cantidade voluntarios e amigos que están embarcados con nós nesta xeira.

Sexta edición dos Revolutrion Trail Series consolidándose coma un dos circuítos de carreiras de montaña máis veteráns de Galicia e no que o ano pasado participaron máis de 1600 persoas nas 5 probas que o conforman.

Cada proba con identidade propia, cada percorrido diferente aos de edicións anteriores, cunha carreira que se estrea no circuíto (Trail do San Lois) e que ven para deixar unha pegada profunda nos camiños de Noia, cun sistema de puntuación que tenta  manter a emoción ata a derradeira proba e os últimos metros (coma sucedeu nas edicións anteriores) onde @ mais forte durante máis de 100 días (105) levará a recompensa ao seu esforzo.

Outra das novidades importantes é a presencia e relevancia que lle queremos dar ás mulleres, promovendo que todos os equipos (si desexan puntuar coma equipo e optar aos premios por carreira e do circuíto) incorporen algunha muller nas súas filas; e que ademais acaden a importancia que deben ter dentro dun equipo para demostrar que este é o máis completo: elas rematarán de sumar na puntuación. Coma sempre toda esta info está no apartado da Clasificación. Non vos perdades a nova nomenclatura das Categorías (non cambian as idades, só de nome)

En cada páxina detallámosche as características técnicas e unha breve descrición de cada percorrido, e podes decidirte por participar en todo o circuíto ou elixir algunha das probas. Pero lembra que a inscrición individual por proba non da dereito aos premios, sorteos, e obsequios do circuíto.

Ante todo, e coma sempre convidámosche a ler con detalle o Regulamento xa que nel recóllense a maior parte das dúbidas que poidas ter, e no que tamén incorpórase que nesta edición non se facilitarán recipientes para os avituallamentos líquidos intermedios. Neste sentido queremos facer un chamamento á responsabilidade individual respeto aos residuos (sobre todo inorgánicos) para que levedes un cinto ou mochila no que non se vos caia, xa que temos atopado máis dos que a todos nos gustaría. Pola nosa parte, colocaremos nos avituallamentos recipientes para que os depositedes.

Se aínda che queda algunha dúbida podes pedir información no apartado de Contacto ou premendo na icona do Whatsapp da parte inferior.

Comeza ca aventura!

(Preme nalgunha das imaxes superiores ou nas pestanas para ampliar información)

© Arousa NeO - Política de Privacidade

CONTACTA

SÍGUENOS