26/1/2020

16/2/2020

19/4/2020

10/5/2020

21/6/2020

O Xtosín Trail vaise facendo maior e chega á terceira edición, cun percorrido combinado entre mar e monte, mollando os pes na auga salgada e nos regatos que atopamos polo camiño. De vexetación extensa e intensa, con fragas e muiños, con soutos e carballeiras, e todo para facer cumio a máis de 500 m sobre a ría de Muros-Noia e ver como se abre esa lingua de mar ata a desembocadura do rio Tambre.

Repetimos distancia e mantemos a meirande parte do percorrido, así o pediron os participantes da edición anterior puntuando de xeito masivo coma un dos mellores trazados do circuíto, tanto pola súa dificultade técnica, coma a distancia e desnivel. Que se de algo pode presumir o Xtosín Trail é de ser un trazado técnico, que se fai máis duro porque convida a correr, pero o camiño resístese a poñérnolo doado.

Con saída e meta no mesmo centro de Portosín, a pé do seu porto e rodeado de xiareiros e curiosos que sempre dan unha cálida benvida aos que veñen a participar. Non perdas esta oportunidade, e prepárate a correr no Xtosín Trail.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:

  • Distancia: 14,4 km.
  • Desnivel+: 738 m+
  • Hora saída: 11:00 h.
  • Tempo Máximo: 2:15 h.
  • Avituallamento Intermedio: km. 8
  • Tempo de corte: 1:25 h. no km. 8
  • Meta volante: km. 2
  • Lugar de saída: Rúa da Rambla de Portosín - Porto do Son
  • Prezo: 10 €
  • Inscricións: 4/5/2020 - 17/6/2020

APLAZAMENTO XTOSÍN TRAIL PARA O 21 DE XUÑO

 

Vémonos na obriga de cambiar a data do Trail de Portosín debido ás medidas tomadas para prevenir a expansión do CoVID-19, quedando así para o domingo 21 de xuño.

 

Para @s que estades inscrit@s e que non vos vaia ben esa data aportámosvos 3 solucións:

 

a) Cancelación da inscrición e devolución do importe.

b) Trasladar a inscrición para o Trail do San Lois (Concello de Noia o 19 de abril).

c) Trasladar a inscrición para o Trail de Outes (Concello de Outes o 31 de maio).

 

Aos inscrit@s no Revolutrion Trail Series 2020 e que lles veña mal a data do 21 de xuño podemos:

 

a) Trasladar a inscrición para o Trail de Outes (ainda que non puntuaría para o circuito).

b) Devolución da parte proporcional da inscrición (e esa proba, evidentemente, tampouco lle puntuaría no circuito)

 

A tod@s aqueles que desexen a cancelación da inscrición ou o traslado para algún dos outros trails avisádeo por email indicando claramente o nome co que vos inscribíchedes (e os que estades no circuito Revolutrion Trail Series, si facedes o favor tamén o indicades).

 

Dende a organización estivemos tratando de sacar adiante a proba e confiábamos neso ata mediodía que nos comunicaron dende o Concello de Porto do Son que non sería posible facelo.

 

Perdoade polas molestias que vos podamos ocasionar, pero as circunstancias teñen máis peso que a nosa vontade.

 

Gracias en nome de Arousa NeO e a cantidade voluntarios e amigos que están embarcados con nós nesta xeira.

Si queres comprobar o estado da túa inscrición ou acceder ao listaxe de inscritos podes facelo premendo aquí.

© Arousa NeO - Política de Privacidade

CONTACTA

SÍGUENOS