30/1/2022

13/3/2022

22/5/2022

Para cada proba elaborarase unha clasificación xeral por tempo de entrada en meta, desagregada en cada unha das categorías que podes consultar no apartado Trofeos, para o circuíto Revolutrion Trail Series 2022 establécese un sistema de puntos como se detalla a continuación:

CLASIFICACIÓN POR CATEGORÍA MASCULINA E FEMININA:

  • Establécese un sistema de puntuación decrecente que determinará a clasificación (@ primeir@ será @ que máis puntos acumule).
  • Segundo a orde de entrada en meta @s participantes recibirán dende 20000 pts(*) para @ primeir@ e separados por 100 pts os postos seguintes (20000, 19900, 19800, 19700, etc). (* No caso dunha inscrición superior a 200 persoas no circuíto increntaríase a puntuación ata os 30000 pts).
  • Para o XtoSín Trail-Barbanza42K, na distancia Maratón a puntuación será dobre, mentres que na media maratón non sufrirá variación.
  • Nun determinado punto do percorrido dalgunhas carreiras (que podes consultar na ficha técnica de cada unha delas) colocarase unha meta volante que outorgará 100 pts máis ao primeir@ participante en cruzala e 1 pto menos aos seguintes. @s que pasen a partir do posto 99 sumarán un só punto.
  • No caso de empate a puntos, tomarase como referencia para a clasificación a suma dos tempos acadados en todas as probas.
  • No caso de abandono nunha das probas ou de entrada na meta fora do tempo máximo designado na ficha técnica de cada unha delas sumaránselle 100 pts ao participante (para os abandonos o tempo -para o cómputo no caso de empate- que se asignará será o do último en chegar +10 segundos).
  • No caso de non tomar a saída non sumará ningún punto e o tempo que se computará será o do último en chegar +30 segundos).

CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS:

  • Establécese un sistema de puntuación crecente que determinará a clasificación (@s primeir@s serán @s que menos puntos acumulen)
  • @s participantes acadarán tantos puntos coma a súa orde de entrada en meta (por exemplo: @ 3º levará 3 pts, @ 9º levará 9 pts, etc)
  • Sumarán puntos para o equipo @s catro primeiros membros en cruzar a meta tendo que ser cando menos un deles unha MULLER
  • No Barbanza42k sumarán puntos @s catro primeiros membros en calquera das dúas distancias (sendo algunha delas, polo menos, unha muller). Non se precisa ter 4 membros nas dúas distancias, senon no total da proba (p. ex.: 2 membros corren o 21k, e outr@s corre o 42k).
  • A suma dos puntos acadados determinará a posición do equipo na clasificación.
  • No caso de empate a puntos, tomarase como referencia para a clasificación a suma dos tempos dos integrantes dos equipos.
  • Un mesmo club pode inscribir tantos equipos como queira, sempre que teñan un mínimo de 4 integrantes e os inscriba ca variación do nome do equipo correspondente (por exemplo: NomedeClube A, NomedeClube B, etc)

 

Despois de cada proba publicaranse nesta web as clasificacións detalladas, tanto por cada carreira coma do Revolutrion Trail Series 2022

XTOSÍN TRAIL-BARBANZA42K:

 

REVOLUTRION TRAIL SERIES 2022:

 

© Arousa NeO - Política de Privacidade

CONTACTA

SÍGUENOS