30/1/2022

13/3/2022

22/5/2022

Dende aquí podes xestionar a túa inscrición tanto para o circuíto coma para calquera proba do Revolutrion Trail Series 2022. Lembra que para poder participar no circuíto deberás inscribirte ANTES DA PRIMEIRA PROBA, logo aínda que participes en todas perdes a posibilidade de acceder aos premios do circuíto.

 

PREZOS:

  • O importe por anotarse para todo o circuíto é de 35 € por persoa (+2,00 € de fianza polo chip).
  • @s inscrit@s para o circuíto recibirán un único dorsal e chip válido para todas as catro probas puntuables (@ participante é o responsable da súa custodia e levalo o día da seguinte proba). O chip deberá entregarse na última proba (Barbanza42K) e devolveráselle a fianza de 2 € (en efectivo, no momento de entregalo).
  • O importe de cada carreira anotándose independentemente para cada unha delas é de de 12 € (a distancia media maratón do Barbanza 42K Trail custará 18 €, e a distancia maratón custará 30 €).
  • Aquel@s que se anoten para o circuíto terán dereito a obsequio conmemorativo do circuíto que se entregará na primeira proba.
  • @s inscrit@s no circuíto acadan o dereito a participar no Barbanza 42K Trail na modalidade de media maratón (21 km.), sen custo adicional algún.
    • Para aquel@s que desexen participar na modalidade de Maratón de 42 km. deberán abonar 10  € a maoires da inscrición do circuíto.
    •  Pódese modificar a inscrición e cambiar de distancia ata 15 días antes da disputa do XtoSín Trail-Barbanza42K (08/05/2022).
  • Todos aqueles equipos que se inscriban antes do 1 de xaneiro de 2020 por cada 10 membros inscritos terán a posibilidade de inscribir a un membro máis de xeito gratuíto.

 

PRAZOS DE INSCRICIÓN:

Para o circuíto, o prazo de inscrición ábrese o día 25 de decembro e péchase o Luns 24 de Xaneiro ás 09:00 h.

 

Para formalizar a inscrición proba a proba os prazos quedan como sigue:

  • Trail da Outes: apertura o 25/12/2022 - peche 26/1/2022 ás 23:59 h.
  • Trail de San Alberte: apertura o 26/1/2022 - peche 9/3/2022 ás 23:59 h.
  • XToSín Trail-Barbanza42K: apertura o 26/1/2022 - peche 15/5/2022 as 23:59 h.

 

A TER EN CONTA:

  • As inscricións realizaranse a través desta web ou www.galitiming.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
  • A inscrición da dereito a cronometraxe electrónico por chip, seguro de accidentes do corredor, avituallamentos intermedio e final, servizo de ducha, asistencia sanitaria en carreira, trofeos, e a participar nos sorteos dos produtos dos patrocinadores.
  • A non participación, retirada ou descualificación da proba non implica a devolución do importe.
  • A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
  • A inscrición na proba implica a aceptación do regulamento da mesma sen reservas (recoméndase a súa lectura).
  • Calquera modificación sobre a inscrición hai que notificala un día antes do peche do prazo de peche.
  • Se unha vez inscrit@ no circuíto, decides non participar e sempre que o comuniques antes do 15/1/2022 devolveráseche integramente o importe da inscrición.

Si queres comprobar o estado da túa inscrición ou acceder ao listaxe de inscritos podes facelo premendo aquí.

© Arousa NeO - Política de Privacidade

CONTACTA

SÍGUENOS