30/1/2022

13/3/2022

22/5/2022

O Trail de Outes abre o circuíto Revolutrion Trail Series 2020, e súmase a esta xeira de carreiras pola xeografía da zona que combina mar e montaña.

Os amigos do Clube Atletismo Outes (CAO) propuxeron un recorrido polo mellor da súa zona, aunando fragas, soutos, carballeiras, antigas ruiñas de ermidas, en un entorno máxico salpicado de petroglifos e mamoas. Regatos e brañas que cruzan antigas sendas, vellas pontes que siguen a cumplir a súa función, e o cumio do monte Tremuzo que -si a climatoloxía o permite- levaranos a vista ao longo e ancho da ría de Muros-Noia.

Un desnivel positivo esixente pero asumible, xa que se vai gañando altura ao longo de varios kilómetros sendo os máis divertidos e apaixoantes do recorrido. Unha vez no cumio: baixada continua e rápida, con tramos de firme apto para soltarse a correr ata donde den as forzas, intercalando zonas técnicas que permitirán a aquel@s máis áxiles seguir apretando para conseguir mellor posición.

E un remate no paseo marítimo de O Freixo; un pobo de intensa tradición mariñeira no que se respira o salitre das rochas, dos barcos, e do seu porto.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:

  • Distancia: 15 km.
  • Desnivel+: 855 m+
  • Hora saída: 11:00 h.
  • Tempo Máximo: 2:15 h.
  • Avituallamento Intermedio: km. 7,5
  • Tempo de corte: 1:25 h no km. 7,5
  • Meta volante: km. 2,7
  • Lugar de saída: Porto do Freixo - Outes
  • Prezo: 12 €
  • Inscricións: 25/12/2021 - 26/1/2022
  • Límite participantes: 250

Si queres comprobar o estado da túa inscrición ou acceder ao listaxe de inscritos podes facelo premendo aquí.

© Arousa NeO - Política de Privacidade

CONTACTA

SÍGUENOS