30/1/2022

13/3/2022

22/5/2022

Tod@s aquel@s inscrit@s para participar no circuíto Revolutrion Trail Series 2022, coma en calquera proba individual que o conforma, sométense ao seguinte regulamento:

 

PERCORRIDO:

 

  • O percorrido desenvolverase sobre un circuíto con piso de terra debidamente sinalizado.
  • A organización non pode garantir a cobertura en todo o percorrido.
  • A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todos os participantes sen dorsal.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
  • O tempo máximo para completar cada proba figura nas características técnicas da mesma. A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.

 

PARTICIPANTES:

 

  • Está rigorosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.
  • Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calquera participante se consideran que a condición física ou a súa actitude o require, así como a todos aqueles que corran sin dorsal.
  • Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respectar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
  • Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
    • Finamento por accidente: 10.000 €
    • Invalidez por accidente: 12.000 €
    • Asistencia sanitaria en centros concertados: 6.000€
  • Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e está nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en perigo a él ou a terceiros.
  • Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servizos de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.
  • Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
  • Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
  • A idade mínima é de 18 anos. Calquera membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
  • A organización facilitará o tempo final da proba, non se dispoñerá de tempos intermedios.
  • Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o percorrido.
  • Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.

 

AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:

 

  • En todas as probas haberá avituallamento intermedio líquido.
  • Nos avituallamentos intermedios non se dispondrá de recipientes para líquido (cada participante deberá levar o seu recipiente).
  • Disporase de un avituallamento final de líquido e sólido na liña de meta.
  • A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles suporá a descualificación do participante.
  • Facilitarase acceso a duchas e aseos ao remate de cada proba (sempre que a evolución sanitaria da pandemia o permita).

 

MATERIAL:

 

  • É recomendable antes de tomar a saída portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar aos avituallamentos indicados.
  • É recomendable levar un teléfono móbil con batería e saldo para estar en contacto coa organización se fose preciso.
  • É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquera corredor que non cumpra esta recomendación.
  • A tódos/as os/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descualificado o corredor que chegue sen dorsal.
  • Facilitarase un chip a todos/as os/as participantes que deberá situar no calzado ou no nocello para a súa correcta lectura nos puntos de control, se o corredor non devolve o chip (ou dispositivo GPS no caso do Barbanza42K) ao remate da proba deberá abonar o importe do mesmo á empresa provedora.
  • A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.
  • O Trail do Barbanza ten uns requisitos de MATERIAL OBRIGATORIO propios que se detallan na web.

 

RETIRADA DE DORSAIS:

 

  • O mesmo día da proba no lugar de saída, dende as 1 h.  e ata 15 min antes da saída de cada unha das carreiras.
  • Se a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.
  • Recoméndase seguir as instrucións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
  • É imprescindible para a retirada do dorsal ter presentado (pódese presentar no momento) a FOLLA DE RESPONSABILIDADE E MANIFESTACIÓN que lle será facilitada para a retirada do dorsal; a organización resérvase o dereito a non entregarlle o dorsal a aquel participante que non a presente.

 

DESCALIFICACIÓNS:

 

  • Se o participante amosara unha conduta antideportiva.
  • Se o participante retira sinais da carreira.
  • Se o participante non remata o percorrido.
  • Se o participante non atende as indicacións da organización.
  • Se o participante non porta o material obrigatorio.
  • Se o participante atenta contra o medioambiente.
  • Se o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
  • Se o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar doutros participantes.
  • Se o participante pon en risco a súa integridade ou a doutros participantes cunha conduta manifestamente temeraria.

 

OUTRAS CONSIDERACIÓNS:

 

  • Calquera outra disposición non recollida neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
  • A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades; de acontecer este suposto, comunicaríase unha nova data de celebración.
  • Calquera tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemento da mesma.
  • Arousa NeO non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
  • O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

 

PROTOCOLO ANTI-COVID19

 

  • @ participante deberá portar en todo momento a mascarilla homologada que debe traer xa posta desde que entra ao recinto da carreira e a súa instalación.
  • Só se pode retirar a mascarilla unha vez que se da a saída da carreira e debe voltar a poñerse á chegada.
  • Recoméndase ao publico e acompañantes d@s participantes que non se amontonen no recinto de saida/meta, respetando a distancia social.
  • Para a entrega de trofeos habilitarase un espazo ao que só poderán acceder @s premiad@s.

© Arousa NeO - Política de Privacidade

CONTACTA

SÍGUENOS