30/1/2022

13/3/2022

22/5/2022

Corría o ano 2013 cando o Trail de San Alberte celebraba a súa primeira edición, e tal foi a súa acolleita entre a familia de corredores de toda Galicia, que tan só dous anos despois convertiase nunha das probas máis multitudinarias e queridas do mundo do trail. Logo dun anos deixando o sitio ao Trail da Cidá que con igual fortuna recolleu o testigo, agora volve de novo cas mesmas sorpresas, lugares, e espectáculo que nunca deixou de telo a zona (nin tan siquera despois dos incendios do verán do 2013 que arrasaran gran parte do monte, como se pode ver no video).

Se os 16 km. de distancia che parecen poucos, alíñanse con 720 m+ en "modo serrucho" que fan deste trail un auténtico rompepernas. E qué dicir do terreno? Dirémosche o normal no monte de San Alberte: un pouco de barro por aquí (na zona dos muiños), un par de cortalumes por alá, uns sendeiros estreitos, e moi poucos metros de asfalto (sí, lees ben: metros). Prácticamente o 100% deste trail é sobre terra, o asfalto queda para chegar ata o aparcamento e deixar a coche.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:

  • Distancia: 16 km.
  • Desnivel+: 720 m+
  • Hora saída: 11:00 h.
  • Tempo Máximo: 2:15 h.
  • Tempo de corte: 1:25 h no km. 8,5
  • Avituallamento Intermedio: km. 8,5
  • Meta volante: km. 1,5
  • Lugar de saída: Ermida de San Alberte - Ribeira
  • Prezo: 12 €
  • Inscricións: 26/1/2022 - 9/3/2022

Si queres comprobar o estado da túa inscrición ou acceder ao listaxe de inscritos podes facelo premendo aquí.

© Arousa NeO - Política de Privacidade

CONTACTA

SÍGUENOS